Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Parlamento europeo
5/12/2018 PARLAMENTO EUROPEO
A Comisión de Emprego e Asuntos Sociais do Parlamento Europeo adoptou a proposta da Comisión Europea para actualizar as normas que protexen a saúde dos traballadores dos riscos específicos que xorden da exposición a carcinóxenos ou mutáxenos.
Imaxen da Axencia Europea
30/11/2018 EU-OSHA
A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU- OSHA) publica nun novo informe as conclusións dun importante proxecto de dous anos dedicado a prever os efectos da dixitalización na seguridade e saúde no traballo na UE. Os resultados finais deste proxecto "Foresight (Previsión)" poñen de relevo os avances nas tecnoloxías baseadas nas TIC, as posibles repercusións desas tecnoloxías na natureza e a organización do traballo, e os desafíos e as oportunidades que estas poden supoñer para a seguridade e a saúde no traballo.
ECHA
29/11/2018 ECHA
ECHA propón a avaliación de substancias polos Estados membros no marco do plan de acción móbil da Comunidade (CoRAP). Para 2019 planificouse a avaliación de 31 substancias. Os solicitantes de rexistro dunha substancia incluída na lista deben comezar a coordinar as súas accións e poñerse en contacto coa autoridade avaliadora do Estado membro. Os usuarios intermedios dunha substancia incluída na lista deben revisar a información que teñen dispoñible e compartila cos solicitantes de rexistro.
Disruptores endocrinos
22/11/2018 COMISIÓN EUROPEA
A Comunicación responde as peticións do Parlamento Europeo e do Consello e enmárcase nos compromisos internacionais de actuar en relación coas substancias químicas perigosas. A Comisión presenta as súas orientacións estratéxicas en materia de alteradores endocrinos para os próximos anos, co obxectivo final de garantir un alto nivel de protección dos cidadáns da UE e do medio ambiente.
Imaxen da Axencia Europea
19/11/2018 AXENCIA EUROPEA PARA A SEGURIDADE A SAÚDE NO TRABALLO
Este estudo de caso detalla o enfoque participativo adoptado por unha compañía farmacéutica en Croacia para xestionar os riscos asociados co traballo con substancias perigosas.
Prevención riscos tractor
14/11/2018 ISSGA
O obxectivo da campaña é concienciar e reducir a sinistralidade neste sector, especialmente no eido rural, sensibilizando á poboación para que incorpore nas súas tarefas cotiás a prevención de riscos para evitar accidentes na súa contorna e na circulación en vías públicas.
sectores
2/11/2018 SAÚDE LABORAL
O Instituto Nacional da Seguridade Social, INSS, efectuará 64.000 controis médicos de procesos de incapacidade temporal durante o último trimestre do ano. Esta campaña para loitar contra a fraude nas baixas médicas, dotada con 312.142 euros, é a medida estrela do novo Plan de Intensificación de Actuacións nesta materia.
Parlamento europeo
18/10/2018 Hixiene
Os/as eurodeputados/as do Comité de Emprego e o Consello Europeo introduciron un novo desenvolvemento para reducir aínda máis os riscos para os/as traballadores/as expostos a substancias canceríxenas e mutaxénicas. Os negociadores acordaron a proposta da Comisión Europea de agregar fumes de diesel á lista de substancias nocivas e establecer os valores límite de exposición para oito substancias adicionais que causan cancro.
logo oit
11/10/2018 OIT
Cada día morren 6.300 persoas por mor de accidentes ou enfermidades relacionadas co traballo: máis de 2,3 millóns de mortes por ano. Anualmente ocorren máis de 317 millóns de accidentes no traballo. O custo desta adversidade diaria é enorme e a carga económica das malas prácticas de seguridade e saúde estímase nun 4 por cento do Produto Interior Bruto global de cada ano.”
sectores
28/9/2018 SAÚDE LABORAL
A mesa técnica das Enfermidades Profesionais do Goberno de Canarias, integrada pola administración xunto aos representantes sindicais e empresariais, analizou os últimos datos rexistrados respecto diso, e recibiu o compromiso do Servizo Canario de Saúde (SCS) de incorporar un aplicativo informático para favorecer a detención de enfermidades profesionais.
Bournout no traballo
27/9/2018 Eurofound
A Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo (Eurofound) ven de publicar un informe baseado en investigacións nacionais sobre o alcance e os efectos do burnout e os seus determinantes relacionados co traballo.
Plan estratéxico ECHA 2019-2023
11/9/2018 Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos, ECHA
A Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos (ECHA) é un organismo da Unión Europea (UE) establecido o 1 de xuño de 2007 polo Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello sobre "Rexistro, Avaliación, Autorización e Restrición de Produtos Químicos" (REACH )".
Substancias perigosas EU-OSHA
10/9/2018 EU-OSHA
Como parte da campaña Healthy Workplaces 2018-2019, EU- OSHA publicou dúas follas informativas: “Marco lexislativo sobre substancias perigosas nos lugares de traballo” e “Substitución de substancias perigosas no lugar de traballo"
Riscos de seguridade e saúde no lugar de traballo: análise conxunta de tres estudos principais
7/9/2018 EU-OSHA
O documento presenta as principais conclusións dunha análise conxunta realizada sobre a segunda Enquisa Europea de Empresas sobre Riscos Novos e Emerxentes, ESENER-2, elaborada por EU- OSHA, a Enquisa de Poboación Activa (EPA) 2013, módulo ad hoc sobre accidentes de traballo e outras cuestións relacionadas co traballo, de Eurostat e a 6ª Enquisa Europea de Condicións de Traballo ( EWCS) de Eurofound.
Comisión europea
13/8/2018 COMISIÓN EUROPEZ
No seu Informe xeral sobre o funcionamento de REACH e revisión de determinados elementos do mesmo, a Comisión Europea conclúe que REACH é eficaz, pero comprobouse que é posible proseguir as melloras, a simplificación e a redución da carga, o que se pode lograr poñendo en práctica as medidas descritas no informe.
ESENER-2 datos segunda enquisa
10/7/2018 EU-OSHA
Un novo informe elaborado por mor dos datos obtidos da segunda enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes (ESENER-2), examina os obstáculos e os impulsores da xestión dos riscos psicosociais no traballo e como afectan os diversos contextos nacionais e organizativos.
EULAR
6/7/2018 LIGA EUROPEA CONTRA O REUMATISMO
A liga Europea contra o Reumatismo publicou un documento destinado a atopar solucións para as consecuencias que teñen as condicións de traballo inadecuadas dos cidadáns da UE que padecen enfermidades reumáticas e osteomusculares (RMD).
Automatización, digitalización e plataformas implicacións para o traballo e o emprego
27/6/2018 Eurofound
O novo informe de Eurofound revisa a historia da revolución dixital ata a data, colocándoa no contexto doutros períodos de marcados avances tecnolóxicos e examinando como o cambio tecnolóxico interactúa cos cambios nas institucións. O informe analiza tres vectores clave de cambio e as súas implicacións para o traballo e o emprego. Estas son a automatización do traballo, a incorporación da tecnoloxía dixital nos procesos e a coordinación das transaccións económicas a través das redes dixitais coñecidas como 'plataformas'.
Seguridade e saúde nas micro e pequenas empresas na UE: informe final do proxecto SESAME
25/6/2018 Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo
Informe no que se expoñen os resultados da análise final do proxecto SESAME, un traballo de tres anos que investiga o estado da seguridade e a saúde no traballo nas micro e pequenas empresas (MEPE) en Europa. O obxectivo principal da análise foi descubrir "que funciona, para quen e en que contextos"
Seguridade e saúde nas micro e pequenas empresas na UE: a visión dende o lugar de traballo
25/6/2018 Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo
Informe que presenta os resultados dun estudo sobre experiencias en materia de seguridade e saúde no traballo ( SST) en 162 micro e pequenas empresas (MEPE) seleccionadas dunha gama de sectores económicos en nove Estados membros da UE. Cada estudo de caso incluíu unha visita á empresa participante e entrevistas co propietario-xerente e un traballador, así como observacións das actividades da empresa.
Informe anual 2017 EU OSHA
19/6/2018 Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo
A Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo presentou o seu informe anual. Segundo consta no mesmo, no pasado ano 2017 a Axencia traballou en diferentes proxectos como na elaboración de estudos, como Riscos novos e emerxentes de SST asociados á tecnoloxía da información e a comunicación, do que se publicaron varios informes. Así mesmo, continuou o traballo sobre os datos da segunda edición da Enquisa europea sobre riscos novos e emerxentes, ESENER-2, a elaboración de informes xerais, ferramentas informáticas sobre a SST, campañas de sensibilización e intercambio de coñecemento por redes.
ECHA
19/6/2018 Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas, ECHA
Veñen de acordarse criterios científicos para identificar alteradores endocrinos en virtude da lexislación da UE sobre praguicidas e biocidas. Os criterios para os biocidas aplícanse desde o 7 de xuño de 2018. Un grupo de redacción formado por persoal científico da ECHA e a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), co apoio do Centro Común de Investigación (CCI), desenvolveu a orientación científica para permitir a identificación de disruptores endocrinos. A guía aconsella aos solicitantes e asesores das autoridades reguladoras competentes sobre como identificar disruptores endocrinos.
Estratexia para promover a substitución de produtos químicos por outros máis seguros
15/6/2018 Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas, ECHA
A estratexia ten como fin a substitución de produtos químicos nocivos mediante o incremento da disponibilidade e a adopción de alternativas e tecnoloxías máis seguras. Está baseada nos comentarios das partes interesadas, os estados membros da UE a da Comisión Europea. A súa implementación formará parte do plan de traballo anual da ECHA.
Parlamento europeo
13/6/2018 Parlamento Europeo
O Comité de Emprego e Asuntos Sociais adoptou por unanimidade un conxunto de medidas a fin de evitar a ausencia laboral a longo prazo. Considera que a Comisión Europea e os Estados membros deberían traballar para reter e reintegrar ao lugar de traballo aos traballadores/as que sofren diversas afeccións ou lesións crónicas e fomentar o envellecemento activo.
Drogas que melloran o rendemento - EU OSHA
8/6/2018 EU-OSHA
Dúas novas publicacións da Axencia Europea de Seguridade e Saúde Laboral analizan os riscos ocupacionais e de seguridade que xurden nos lugares de traballo de Europa como resultado do rápido crecemento do comercio electrónico e o uso cada vez maior de medicamentos que melloran o rendemento.
Guía aplicación Regulación EPI (EU) 2016/425
4/6/2018 Comisión Europea
Guía realizada a fin de servir como manual ás partes directa ou indirectamente afectadas polo Regulamento (UE) 2016/425, aplicable dende o 21 de abril de 2018, que reemplaza á Directiva 89/686/CEE
Tecnoloxías innovadoras: explorando o impacto na produción e no traballo
31/5/2018 Eurofound
O traballo resume os resultados de cinco casos prácticos sobre o impacto potencial de tecnoloxías innovadoras no sector manufacturero en Europa ata o 2025. As tecnoloxías examinadas son a robótica industrial avanzada, a internet industrial das cousas, a fabricación aditiva, os vehículos eléctricos e a biotecnoloxía industrial.
Rehabilitación e retorno ao traballo logo do cancro: instrumentos e prácticas
25/5/2018 EU-OSHA
Proxecto elaborado pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo no que se analizan os retos en materia de seguridade e saúde no traballo aos que a los que se enfrontan traballadores/as e empresas cuando se produce a reincorporación ao traballo logo dun diagnóstico de cáncro. O proxecto inclúe varios documentos, entre os que se atopa Rehabilitación e reincorporación ao traballo logo do cancro: instrumentos e prácticas, de nova publicación
Imaxen da Axencia Europea
21/5/2018 AXENCIA EUROPEA PARA A SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO
O informe, que analiza os datos recollidos na segunda enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes, ESENER-2, constata a tendencia das empresas a concentrarse máis nos aspectos tradicionais de seguridade que nos riscos en materia de saúde e riscos psicosociais, especialmente entre as microempresas e as pequenas empresas (mepes) e en certos sectores.
OIT
11/5/2018 OIT
Un grupo de expertos, en representación de gobernos, organizacións de empregadores e de traballadores, veñen de traballar na adopción dunha serie de Directrices sobre o traballo decente nos servizos públicos de urxencia. Estas Directrices contemplan as condicións que enfrentan traballadores e traballadoras no exercicio das súas competencias, así como a variedade de situacións que deben atender: epidemias, fenómenos meteorolóxicos extremos, accidentes industriais, conflictos armados e actos terroristas.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais