Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Protocolo Kioto
12/11/2018 PROTOCOLO DE KIOTO
O acordo, que foi publicado o 12 de novembro no Boletín Oficial do Estado (BOE), establece que Islandia participará no cumprimento conxunto dos compromisos da Unión Europea e os seus Estados membro para o segundo período de compromiso do Protocolo de Kioto da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o cambio climático, que se adoptou en Bruxelas o 1 de abril de 2015.
TC informe enerxías renovables
30/10/2018 TRIBUNAL DE CONTAS EUROPEO
Co obxecto de contribuír ao logro dos seus obxectivos en materia de cambio climático e de enerxía para 2020 e a máis longo prazo, a UE estableceu en 2009 dous grandes programas de financiamento destinados á captura e almacenamento de carbono e ás enerxías renovables innovadoras: o Programa Enerxético Europeo para a Recuperación (PEER) e o programa NER300.
Abellas
15/10/2018 MEDIO AMBIENTE
O comité permanente de Plantas, Alimentación Animal e Alimentos, nos que sentan representantes dos 28 Estados membros e a Comisión Europea, apoiou a prohibición do uso ao aire libre de tres pesticidas considerados perigosos para as abellas.
Contaminación atmosférica tribunal contas europeo
14/9/2018 TRIBUNAL DE CONTAS EUROPEO
Segundo un novo informe do Tribunal de Contas Europeo, as medidas da UE para protexer a saúde humana da contaminación non produciron o impacto esperado. Cada ano, a contaminación atmosférica causa aproximadamente 400.000 mortes prematuras na UE e xera centos de miles de millóns de euros en custos externos ligados á saúde. Con todo, como alertan os auditores, este inxente custo humano e económico aínda non se traduciu en medidas adecuadas para toda a UE. Engaden ademais que as partículas, o dióxido de nitróxeno e o ozono troposférico son os contaminantes atmosféricos responsables da maioría de mortes prematuras e a poboación urbana está especialmente exposta.
Desxeo
21/8/2018 MEDIO AMBIENTE
Medio centenar de organizacións científicas internacionais unen as súas forzas para producir a imaxe máis completa da historia acerca da evolución do xeo na Antártida. O resultado revela a perda de tres billóns de toneladas de xeo desde o ano 1992, que se corresponde cun aumento do nivel do mar de 8 milímetros. O ritmo do desxeo triplicouse desde entón, un dato alarmante se se contempla que este polo almacena suficiente auga conxelada como para elevar o nivel do mar ata 58 metros de altura, segundo unha serie de estudos que publicados na revista Nature.
Calidade aire 2017
3/8/2018 CONTAMINACIÓN
O crecemento económico e o cambio climático han agudizado a contaminación, segundo o Informe Anual de Calidade do Aire de Ecoloxistas en Acción, que conclúe que o 97% da poboación respira aire insalubre.
DOUE
18/6/2018 DOUE
2018/C 213/01 “Documento de orientación sobre os requisitos aplicables á enerxía hidroeléctrica con arreglo á lexislación da UE en materia de protección da naturaleza” e 2018/C 213/02 “Infraestructura de transporte de enerxía e lexislación da UE sobre protección da natureza”
Mina Touro O Pino
11/6/2018 Medio ambiente
Logo de numerosas solicitudes formuladas por veciños, agrupacións ecoloxistas, partidos políticos e das peticións de transaparencia da Valedora do Pobo, a Xunta de Galicia permitiu o acceso a 14 informes sobre o proxecto mineiro de Touro e O Pino. Os documentos están elaborados pola Administración autonómica (consellerías de Medio Rural, Medio Ambiente Sanidade e varias direccións xerais), os concellos de Touro e O Pino, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e o Instituto Geológico y Minero de España. Os informes expñen numerosas eivas sobre proxecto mineiro presentado por Cobre San Rafael SL., que a través da corporación internacional Atalaya Mining pretende a extracción de cobre sin ningunha protección nunha extensión dunhas 700 hectáreas.
Sostibilidade medioambiental con emprego 2018
25/5/2018 OIT
O informe fai referencia ao número de empregos que se perderán e se crearán a medida que se realice o paso a unha economía máis verde; eses novos empregos se crearán a través da adopción de prácticas sustentables no sector da enerxía, incluíndo cambios na combinación de fontes de enerxía, a promoción do uso de vehículos eléctricos e a mellora da eficiencia enerxética dos edificios. Os servizos ecosistémicos, que inclúen a purificación da auga e o aire – a renovación dos chans e a fertilización, o control das pragas, a polinización e a protección contra as condicións climáticas extremas – apoian, entre outros, á agricultura, a pesca, á silvicultura e ao turismo.
Programa life EU
14/2/2018 MEDIO AMBIENTE
O Programa de Medio Ambiente e Acción polo Clima ( LIFE) é o instrumento financeiro da Unión Europea dedicado ao medio ambiente para o período 2014-2020. O seu obxectivo xeral baséase en catalizar os cambios no desenvolvemento e a aplicación das políticas mediante a achega de solucións e mellores prácticas para lograr os obxectivos ambientais e climáticos, así como mediante a promoción de tecnoloxías innovadoras en materia de medio ambiente e cambio climático.
ONU Medioambiente OMS
12/1/2018 ONU Medio Ambiente - OMS
A Organización Mundial da Saúde e a ONU Medioambiente veñen de suscribir unha iniciativa de colaboración coa finalidade de desenvolver accións conxuntas para combater a contaminación do aire, o cambio climático e a resistencia aos antimicrobianos, así como a mellorar a coordinación das actividades relativas á xestión de refugallos e produtos químicos, a calidade da auga e temas ligados aos alimentos e a nutrición. Os riscos ambientais que ameazan a saúde das persoas son os causantes, segundo as estimacións, de 12,6 millóns de falecementos ao ano.
Un oscuro panorama. Efectos na saúde das centrais térmicas de carbón
5/12/2017 IIDMA
O Instituto Internacional de Dereito e Medio Ambiente (IIDMA), elaborou un informe sobre a contaminación que as 15 centrais térmicas de carbón españolas provocaron no ano 2014; entre os datos que recolle figuran 459 enfermidades cardiovasculares e respiratorias, 709 mortes prematuras polo carbón, máis de 10.500 novos episodios de asma en nenos, 163.326 días de traballo perdido e 747.686 días de actividade restrinxida (cando unha persoa non pode levar a cabo a súa actividade habitual por mala saúde); as perdas económicas sitúanse entre 800 e case 1.700 millóns de euros anuais
Glifosato
4/12/2017 Medio ambiente
O herbicida poderá seguir a empregarse na Unión ata decembro de 2022, logo de dous anos de negociacións. Para prorrogar a licenza do herbicida, que expiraba a mediados de decembro, eran necesarios 16 votos favorables dos 28. A chave estivo nos indecisos: Portugal, Polonia, Bulgaria, Romanía e especialmente, Alemaña.
Amianto uralita
29/11/2017 Amianto
O Penal 3 de Xaén ditou a primeira condena na provincia por un delito contra o medio ambiente por demoler un tellado de fibrocemento sen permiso. Os catro procesados recoñeceron os feitos e admitiron castigos que oscilan entre os tres meses e os dous anos de cárcere. Os feitos tiveron lugar en xuño de 2015, ao desmontar os tellados dunha antiga cerámica de Bailén. O tellado da nave estaba cuberto por uns 3.400 metros cadrados de placas de uralita “en moi mal estado de conservación”, que podía emitir ao ambiente fibras de amianto, un residuo considerado “moi tóxico e perigoso”.
United Nations Climate Change
27/11/2017 Clima
Está previsto que o Acordo de París, marco xeral da loita contra o cambio climático, comece a aplicarse en 2021. Os negociadores/as reunidos en Bonn no denominado COP23, veñen de traballar na elaboración dos regulamentos de desenvolvemento do Acordo de París; temas como a contabilidade das emisións de cada estado así como a financiación terán que esperar para ser resoltos á reunión prevista para finais do vindeiro ano na cidade polaca de Katowice, na data tope que marca o propio acordo.
Dicamba
9/11/2017 Medio ambiente
Mentras na UE está a estudarse unha moratoria para o glifosato (a actual vence a finais de decembro), algúns estados dos EEUU acaban de prohibir o uso do dicamba, un principio activo empregado en diversas marcas comerciais de herbicidas que se absorve polas raíces e polas partes aéreas das plantas, mentras se estudan os seus efectos; aínda que o dicamba ven de empregarse dende finais da década de 1960, en aplicacións previas a que as plantas saian do chan, está de actualidade pois a empresa Monsanto desenvolveu recentemente sementes de soia e algodón xeneticamente modificadas para tolerarlo, tecnoloxía aprobada polas autoridades estadounidenses no 2016. O emprego deste herbicida en combinación coas sementes modificadas promete un mellor control das herbas non desexadas, logo de que estas desenvolveran resistencia aos herbicidas con presenza de glifosato.
Disruptores endocrinos
3/11/2017 SAÚDE
Un informe científico "suprimido" e “enterrado” por altos funcionarios da Unión Europea podería ter conducido á prohibición inmediata de 31 pesticidas con vendas por valor de miles de millóns de euros. O informe recomendaba diversas maneiras de identificar os disruptores endocrinos nos pesticidas vinculados con anomalías fetais, mutacións xenitais, infertilidade e outras enfermidades.
Lume nunca mais
16/10/2017 Comité en Defensa do Monte Galego
A vaga de lumes afectou este domingo a toda Galiza: ata en 17 concellos declarouse alerta nível 2, o que significa que neses lugares houbo riscos para a vida humana. A CIG lamenta profundamente a morte das persoas que se viron atrapadas polos lumes descontrolados que asolaron esta noite montes e poboacións enteiras en distintos puntos de Galiza e nomeadamente de Pontevedra, Ourense e Lugo.
Pesticida
25/9/2017 ONU
Un informe da relatora especial sobre o dereito á alimentación para as Nacións Unidas aborda o uso de praguicidas químicos na agricultura considerando o seu uso como "un obstáculo para o respecto aos dereitos humanos e en concreto a obter unha alimentación axeitada". No texto afirmase que os avances que puido ter na agricultura, lograronse “a costa da saúde humana e o medio ambiente…”, cifrando en 200 mil as persoas que morren anualmente por intoxicación aguda por mor de praguicidas, incrementandose os danos con un número indefinido de intoxicacións crónicas, debido á cantidade de substancias químicas ás que están expostas as persoas diariamente. O documento chama a regular e limitar o uso de pesticidas e denuncia graves abusos por parte da industria que os produce.
Contaminación tráfico
20/9/2017 MEDIO AMBIENTE
Nove estados membros da UE pediron permiso á Comisión Europea para contaminar por encima dos límites nacionais establecidos na lexislación comunitaria. España, Austria, Bélxica, Alemaña, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda e Luxemburgo solicitan que se levanten os topes que deberían cumprir en 2015 para que non conste que os violaron, segundo denuncia a Oficina Europea do Medio Ambiente (EEB).
Gases efecto invernadoiro
7/9/2017 MEDIO AMBIENTE
Segundo un estudo de The Carbon Majors (CDP), -organización sen fins de lucro- un grupo relativamente pequeno de produtores de combustibles fósiles pode ser a clave do cambio climático. Son unhas cen as empresas que producen máis do 70 por cento das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro dende 1988.
Mar ondas
19/7/2017 Temperatura
No mes de xuño, coincidindo cunha vaga de temperaturas extremadamente altas en Galicia, Portos do Estado informou de que a súa boia de Cabo Silleiro, pertencente a Rede de Boias de Augas Profundas, rexistrara un máximo histórico de temperatura da auga:19,9ºC, representando un incremento de ata 1,25ºC respecto ao ano anterior. No resto da Península houbo valores igualmente significativos: máis de 27ºC en Tarragona, 23,5ºC en Bilbao-Vizcaya e 24,3ºC no Cabo de Gata. A subida xeral foi de entre 0,5 e 2,5 graos.
Tecnoloxías para eliminar CO2.
5/7/2017 Contaminación
Un equipo de científicas da Universidade de Santiago de Compostela e do ELSA (Environmental Life Cycle and Sustainability Assessment) de Montpellier (Francia) presenta o estudo máis detallado feito sobre a pegada de carbono de Galicia, medindo por vez primeira as emisións directas e indirectas de todas as actividades de produción e consumo na Galiza.
Contaminación tráfico
24/5/2017 Saúde
O estudo, realizado pola Escola Nacional de Sanidade e publicado na revista especializada Environmental Pollution, está realizado tendo en conta os datos do período 2000-2009 suministrados polo Instituto Nacional de Estatística e Medio Ambiente. No traballo se indica que o 90% da mortalidade atribuíble ás partículas prodúcese por baixo dos niveis que a Organización Mundial da Saúde (OMS) considera seguros.
Radón
19/5/2017 Saúde
O experimento, cuios resultados veñen de publicarse na revista Sensors baixo o título 'Radon Mitigation Approach in a Laboratory Measurement Room', levouse a cabo a longo de 10 anos nunha sala específica (sala de medición), onde se atopa todo o equipo utilizado neste estudo, situada na Facultade de Enxeñería de Ferrol, por investigadores do Laboratorio de Radioactividade Ambiental (LRA) da Universidade da Coruña; este laboratorio realiza estudos relacionados coas medicións radioactivas e a análise dos datos obtidos nas mesmas.
Bolsas plástico
10/5/2017 Residuos
Un grupo de científicos do Instituto de Biomedicina e Biotecnoloxía de Cantabria veñen de descubrir que as larvas da polilla da cera son capaces de masticar e inxerir o polietileno, un dos plásticos máis elásticos, duros e máis empregados: está presente envases para produtos alimenticios e en bolsas, representado o 40% da demanda total de produtos plásticos en toda Europa, onde ata un 38% do plástico acaba en vertedoiros (en todo o mundo usamos ao redor dun trillón de bolsas de plástico cada ano). As larvas do verme de cera (Galleria mellonella) viven na natureza como parasitos nas colonias de abellas. as polillas poñen ovos dentro das colmeas; alí os vermes eclosionan e crecen na cera das abellas.
Ruído
26/4/2017 Saúde
A OMS considera que o ruído é o segundo maior problema ambiental en Europa, despois da contaminación do aire por partículas.O seu impacto na saúde está cientificamente demostrado: é causa de molestias, tensións, problemas de soño, afeccións ás capacidades cognitivas e mesmo enfermidades cardiovasculares e respiratorias.
Radón
20/3/2017 Saúde
A Unión Europea aprobou en 2013 unha directiva (2013/59/Euratom) que está en vigor dende 6/2/2014 e que ten que ser transpuesta polos estados membros antes do 6/2/2018. Por primeira vez obriga aos gobernos para realizar medicións en lugares de traballo situados en áreas de risco e mitigar a concentración de radón nos que se rexistre un mínimo de 300 becquerelios por metro cúbico, unidade de medida utilizada con este gas e que equivale á desintegración atómica que se produce nun segundo. Os países membros deberán ademais introducir requisitos específicos nos códigos de edificación que eviten a entrada deste gas nos inmobles de nova construción e "fomentarán" a súa redución nas casas xa existentes.
Montes de Galicia
17/3/2017 Secretaría Confederal de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel
No arquivo adxunto pódense consultar as alegacións presentadas pola CIG a través da Secretaría Confederal de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel ao borrador do proxecto de Lei do Patrimonio Natural de Galiza o pasado 10 de marzo de 2017.
Calidade do aire en Europa
3/2/2017 AEMA
Aínda que a calidade do aire está a mellorar lentamente, a contaminación atmosférica segue sendo o maior perigo para a saúde ambiental en Europa, dando como resultado unha menor calidade de vida debido ás enfermidades e unha cifra estimada de 467.000 mortes prematuras ao ano.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais