Este número 29 do Boletín CIG-Saúde Laboral, abre co artigo “Cancro Laboral: o risco oculto que non avisa”, no que se aborda o cancro laboral/profesional no marco da UE e do Estado, desenvolevendo unha visión crítica da situación e dos elementos esenciais para implementar unha axeitada política de prevención nesta materia.
Baixo o eígrafe Documento - Análise aparece un documento técnico extraido da Nota Técnica de Prevención 959 do INSHT, no que se informa exhaustivamente sobre a Vixiancia da Saúde referenciada na vixente normativa de prevención de riscos laborais;
Para concluír, dentro do epígrafe Información atopamos artigo “Fondo de compensación ás vítimas do amianto”, no que se abordan as claves da problemática dos traballadores/as vítimas do amianto en relación a a inminente aprobación do proxecto de lei co que se pretende crear e lexislar un fondo de compensación económica para as mesmas.
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 29 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.
Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí