Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
11/10/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Normas en materia de seguridade e saúde no traballo

OIT
Cada día morren 6.300 persoas por mor de accidentes ou enfermidades relacionadas co traballo: máis de 2,3 millóns de mortes por ano. Anualmente ocorren máis de 317 millóns de accidentes no traballo. O custo desta adversidade diaria é enorme e a carga económica das malas prácticas de seguridade e saúde estímase nun 4 por cento do Produto Interior Bruto global de cada ano.”
A OIT adoptou máis de 40 normas que tratan especificamente da seguridade e saúde no traballo ( SST), así como máis de 40 códigos de prácticas. A Declaración sobre as Empresas Multinacionais, EMN, da OIT  é un instrumento da OIT que brinda orientación dirixida directamente ás empresas sobre política social e prácticas inclusivas, responsables e sostiibles no lugar de traballo pide aos gobernos que garantan que as empresas, tanto multinacionais como nacionais, ofrezan aos seus traballadores/as normas axeitadas en materia de seguridade e hixiene. As empresas multinacionais deberían manter un nivel máximo de seguridade e hixiene, de conformidade coas esixencias nacionais, tendo en conta a experiencia adquirida a este respecto no conxunto da empresa, incluído calquera coñecemento sobre riscos especiais. Deberían poñer en coñecemento dos interesados os riscos especiais e as medidas de protección correspondentes que garden relación con novos produtos e procesos. Por outra banda, deberían desempeñar un papel de catalizador no exame das causas dos riscos á seguridade e a hixiene no traballo e na aplicación das melloras resultantes no conxunto da empresa que se trate.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais