Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
16/7/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Guía para o manexo e uso seguro das Plataformas elevadoras Móbiles de Persoal (PEMP)

Instituto Asturian de Prevención de Riscos Laborais
O manual, editado polo Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais, aborda o uso dunha Plataforma Elevadora Móbil de Persoal (PEMP) dende unha perspectiva de seguridade en todas as súas vertentes. Pode servir de documento de referencia para todos os actores relacionados co uso destas máquinas, facendo referencia tanto ás normas de deseño e utilización como á formación do operador.

No texto expóñense os principais factores de risco e as medidas de prevención e protección. Analízase o concepto de uso excepcional de traballos en altura, e determínase o uso correcto de equipos nesa situación de traballo.

Tamén se realiza unha ampla descrición das diferentes partes e tipos de PEMP. Faise referencia aos criterios de selección dunha  PEMP, para ter claro a idoneidade de cada equipo en cada situación de traballo. Así mesmo analízase todo o relacionado co transporte da PEMP.

Ligazón á "Guía para o manexo e uso seguro das Plataformas elevadoras Móbiles de Persoal (PEMP)"

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais