Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
20/12/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Boletín CIG – Saúde Laboral Nº 30

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
O futuro do traballo presenta múltiples desafíos como as dificultades de emprego dos traballadores/as novos/as, as grandes desigualdades nos ingresos salariais, as relacións laborais informais, a revolución dixital, os procesos de innovación tecnolóxica e organizativa, a automatización e a robotización, as desigualdades de xénero, o envellecemento da poboación traballadora, o escaso desenvolvemento da economía rural, a menor sostenibilidade do emprego, o deterioro da protección social ou o debilitamento da negociación colectiva. Ante esta problemática, son numerosas as aportacións que dende fontes autorizadas comezan a realizarse na procura de solucións, entre as que destacan a creación de impostos aos automatismos que sustitúan o traballo humano ou a implantación do chamado “ingreso básico universal”

O número 30 do Boletín CIG- Saúde Laboral, conta cun primeiro artigo denominado “Os grandes retos do futuro do traballo: unha ecuación que é necesario resolver”, baixo o epígrafe Análise –Opinión.

Dentro do epígrafe Documento-Análise atopamos os artigos “Radiografía sobre a calidade do emprego e as condicións de traballo no Estado español”, baseado nos textos “Bad Jobs” recovery? European Job Quality Index 2005-2015 do European Trade Union Institute e Condicións de Traballo 2015 de Eurofound, e “Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos ou mutáxenos durante o traballo” realizado sobre a Guía do mesmo nome do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

A Síntese de actividade 2018 do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral e o Taboleiro compretan os contidos deste número.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 30 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais