Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
23/10/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Cataluña gaña un litixio competencial á Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais

SENTENZA
A Generalitat de Cataluña gañou un litixio competencial contra a Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais (FEPRL) sobre accións e fondos económicos para a prevención de riscos laborais.

A Audiencia Provincial de Madrid emitiu unha sentenza o pasado 10 de xullo na cal considera que houbo unha invasión competencial por parte do Goberno do Estado neste campo, segundo informou a Generalitat nun comunicado.

O Govern catalán impugnou e pediu a nulidade dun acordo alcanzado no pleno da  FEPRL, en 2014, que contaba coa protección do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Este acordo, explica a Generalitat, modificaba diversos artigos dos estatutos da  FEPRL e nalgúns aspectos era “contrario á Lei de prevención de riscos laborais”.

A sentenza establece que a modificación estatutaria da fundación estatal elimina as accións territoriais e, en consecuencia, os orzamentos que se deben asignar aos ámbitos territoriais para a súa xestión.

O ditame xudicial, contra o que non se pode interpoñer ningún recurso ordinario, afirma tamén que houbo vulneración dunha disposición adicional da Lei de prevención de regas laborais.

A FEPRL deberá convocar accións territoriais xestionadas respectando a distribución competencial que prevé a lei citada, que obriga a facelo desde os órganos tripartitos territoriais, que no caso de Cataluña é o Consello de Relacións Laborais.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais