Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
26/6/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O estrés eleva un 50% o risco de enfermidade cardíaca

Psicosocial
Nun estudo levado a cabo por investigadores da Facultade de Saúde e Benestar da Universidade de Jönköping (Suecia), revela que as persoas que padecen estrés laboral teñen un risco un 48% superior de padecer fibrilación auricular e, polo tanto, unha maior probabilidade de acabar sufrindo un infarto ou un ictus.
Os datos proveñen do seguimento, durante unha media de 5,7 anos, da evolución de 13.200 traballadores que, sen historial de insuficiencia cardíaca, infarto de miocardio ou fibrilación auricular, responderan a distintos cuestionarios sobre a súa saúde, hábitos de vida e condicións laborais con motivo da súa participación na Enquisa Ocupacional Lonxitudinal de Saúde de Suecia (SLOSH) no ano 2006, 2008 ou 2010. Na enquisa defínese o estrés no traballo como o desempeño dunha ocupación na que se combinaban unha alta demanda psicolóxica e un baixo control sobre a situación laboral. E para avaliar o grao de estrés ou ‘tensión’ laboral, a enquisa incluíu cinco preguntas sobre o nivel de demanda e seis sobre o grao de control, entre outras: ‘Ten que traballar moi duro ou moi rápido?’, ‘Ten tempo suficiente para completar as tarefas asignadas?’, ‘O seu traballo é máis ou menos monótono?’ e ‘Pode decidir que facer no seu traballo e como facelo?’. Durante o seguimento diagnosticáronse un total de 145 casos de fibrilación auricular. E de acordo cos resultados, sentirse tenso no traballo aumentou en ata un 48% o risco de desenvolver este tipo de arritmia cardíaca. Cales son os traballos que provocan tensións? Segundo recolle a definición contemplada no estudo, aqueles en os que o traballador/a sentese psicoloxicamente esixido e apenas ten control sobre a maneira de levalo a cabo. E entre outros oficios, os autores citan aos traballadores/as nas cadeas de montaxe das fábricas, os condutores de autobús e o persoal de Enfermería. Como indica a directora da investigación, «necesitamos xente que desempeñe estes traballos, pero os empregadores/as poden axudar ao asegurarse de que a persoal conta cos recursos necesarios para completar as tarefas asignadas. Os xefes/as deberían programar descansos e escoitar as propostas dos empregados sobre como mellorar o seu traballo e a contorna laboral».
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais