Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
27/4/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 27

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
A miúdo os traballadores e traballadoras padecen as consecuencias derivadas dunha incorrecta determinación da continxencia que da lugar á incapacidade temporal; este feito ten consecuencias tanto económicas como médicas e de seguimento futuro da doenza. Neste número do Boletín repasamos os motivos polos que é tan importante a correcta determinación da continxencia, así como o procedemento administrativo a seguir en caso de desacordo coa continxencia determinada polo facultativo que expide o parte de baixa. *FE DE ERRATAS: observada unha errata no cadro da páxina 2 do boletín publicado, procedeuse á substitución da frase: "A prestación por IT, ten unha contía igual á prestación que te corresponde por desemprego" por "A prestación por IT ten unha contía igual á que tiveras recoñecida ata ese momento", atopándose neste momento xa modificado para a súa visualización e descarga.

Neste Nº 27 do Boletín CIG Saúde Laboral, o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral publica un total de  cinco artigos encadrados nas súas seccións: Sabías que...? A fondo; Documento-Análise; Opinión e Información Técnica.

O artigo que abre este Boletín, publicado no apartado Sabías que...?,  fai referencia á gran importancia que ten unha correcta determinación da continxencia causante dun proceso de incapacidade temporal.

Asemade atoparemos o texto, publicado baixo o epígrafe de A Fondo, sobre "A Inspección de Traballo e as políticas "laborais" do Goberno do PP: unha ecuación sen solución".Como  Documento - Análise traballamos  "A promoción da saúde no traballo (PST). Rede europea de promoción da saúde no traballo (ENWHP)".En Opinión aparece o artigo " A última irresponsabilidade do Goberno do PP da Xunta de Galicia en políticas de prevención de riscos laborais: Orde 2018 pola que se estabelecen as bases de axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónima de Galicia no exercicio 2018".Para concluír, en Información Técnica "O que debes saber sobre a figura do recurso preventivo", que esperamos axude a esclarecer dúbidas sobre esta figura preventiva.O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 27 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais