Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
8/10/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Unha empresa, logo de probar a semana laboral de catro días, adopta este horario para sempre

Psicosocial
Unha empresa neozelandesa dedicada á xestión de patrimonio realizou unha proba cos seus 240 empregados durante os meses de marzo e abril; durante ese tempo reduciron a catro días a súa semana laboral pero gañando o mesmo que se traballasen cinco días. Tras asegurar que o experimento foi un éxito, a empresa decidiu implantar o novo horario de maneira definitiva.
A proba amosou que o 78% de empregados/as senten unha maior conciliación entre a súa vida laboral e persoal reducindo a xornada a catro días pero cobrando coma se traballasen cinco. Ademais, os resultados amosan unha menor tensión no persoal e unha maior satisfacción. O obxectivo do fundador da empresa foi que os seus empregados/as tivesen un mellor equilibrio entre a súa vida profesional e persoal. O día extra permite poñer en orde as xestións persoais e tarefas domésticas, sen preocuparse de encaixalo durante a semana laboral, o que favorece centrarse máis no traballo mentres están na oficina. Os resultados deste experimento concluíron que hai un aumento de satisfacción tanto nas súas casas como no seu posto de traballo. Así as respostas positivas en relación ao grao de satisfacción co traballo incrementáronse un 24% respecto de meses anteriores; o nivel de tensión do persoal baixou un 7% e mellorou a estimulación, o compromiso e o sentido da responsabilidade dos empregados. Coincidindo coa proba de cambio horario, tamén se realizaron axustes organizativos; así por exemplo, as reunións que se alongaban unhas dúas horas agora axústanse a 20 minutos. Á vez, observouse que os momentos de charla entre os empregados/as na cafetería reducíronse notablemente, así como a necesidade de tomar descansos máis longos. O horario non será obrigatorio e só o terán os empregados que desexen.

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais