Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
9/10/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

El Tribunal Supremo considera accidente laboral un desprendemento de retina

Sentenza
O Tribunal Supremo considerou como accidente laboral o desprendemento de retina sufrido por unha empregada da Seguridade Social mentres traballaba diante do ordenador. O tribunal estimou o recurso para a unificación de doutrina presentado pola traballadora, que sentiu molestias nos ollos e alteracións visuais cando realizaba as súas funcións diante do ordenador na oficina.

Tras ser operada de desprendemento de retina, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) declarou que a súa incapacidade temporal derivaba de enfermidade común. A muller demandou ao INSS e o xulgado Social 3 de Ourense deulle a razón ao cualificar a súa incapacidade derivada de accidente de traballo.

Posteriormente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revogou esa decisión porque non considerou aplicable a presunción establecida no artigo 115.3 Lei Xeral da Seguridade Social (“presumirase, salvo proba en contrario, que son constitutivas de accidente de traballo as lesións que sufra o traballador durante o tempo e no lugar do traballo”) ao non terse acreditado que a causa do desprendemento de retina fose un traumatismo. O tribunal superior galego tamén entendeu que non había datos dos que deducir unha relación de causalidade entre a lesión e o traballo, posto que a literatura médica non considera o traballo fronte a pantallas de ordenador como causa de desprendemento de retina. O caso chegou ao Supremo, que considerou que o feito de que se trate de “unha lesión súbita que aparece en tempo e lugar de traballo” conduce necesariamente á aplicación do artigo 156.3 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, que establece que se presumirá, salvo que se probe o contrario, que son constitutivas de accidente de traballo as lesións que sufra o traballador durante o tempo e en lugar de traballo. Ademáis a Sala engade: “se se ten en conta que non cabe excluír o factor traballo no desencadenamiento de patoloxías oculares, en concreto, o desprendemento de retina, sen prexuízo de que, estatisticamente existan outras causas máis frecuentes”. Os maxistrados sosteñen que, partindo desta premisa, correspondía á Seguridade Social acreditar a falta de relación causa-efecto entre traballo e lesión, pero esa acreditación non se produciu neste caso. “Non pode considerarse como tal o argumento de que non existen casos na literatura médica que conecten traballo ante pantallas de ordenador con desprendemento de retina”. Fonte: elpais
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais