Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
28/06/2018
Coincidindo coa conmemoración do Centenario da OIT no vindeiro ano 2019, esta organización aprobou levar a cabo sete "iniciativas de debate" consideradas fundamentais, para ser tratadas no plenario da "Conferencia Internacional do Traballo", que está previsto se desenvolva ese ano. Dentro destas iniciativas atópase o "Futuro do Traballo", que se aborda a través de distintas fases. A primeira fase de reflexión xira ao redor de catro "conversacións", nas que se tratarán cinco importantes ámbitos xerais de análise, que neste "informe inicial" correspóndense son cinco "capítulos" que conforman a base de información para o debate na Comisión Mundial da OIT sobre o Futuro do Traballo. O primeiro destes capítulos "Principais retos a enfrontar no mundo do traballo na situación actual", é a base do primeiro artigo do presente Boletín
 
/Manexo e uso seguro das PEMP
Instituto Asturian de Prevención de Riscos Laborais
16/07/2018
O manual, editado polo Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais, aborda o uso dunha Plataforma Elevadora Móbil de Persoal (PEMP) dende unha perspectiva de seguridade en todas as súas vertentes. Pode servir de documento de referencia para todos os actores relacionados co uso destas máquinas, facendo referencia tanto ás normas de deseño e utilización como á formación do operador.
 
/Código PRL actualizado
BOE
13/07/2018
O Código de Prevención de riscos laborais foi actualizado o 12 de xullo de 2018, por modificacións incorporadas no Real Decreto 928/1998, de 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social e para os expedentes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.
 
/Sentencia accidente laboral
SENTENZA
12/07/2018
O Tribunal Supremo estima o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto por unha traballadora que sentiu molestias nos seus ollos e alteracións visuais cando realizaba as súas funcións diante do computador na oficina, estimando que debe ser considerado un accidente laboral ao tratarse dunha lesión súbita que se produciu en lugar e tempo de traballo.
 
LIGA EUROPEA CONTRA O REUMATISMO
06/07/2018
A liga Europea contra o Reumatismo publicou un documento destinado a atopar solucións para as consecuencias que teñen as condicións de traballo inadecuadas dos cidadáns da UE que padecen enfermidades reumáticas e osteomusculares (RMD).
 
INSSBT
04/07/2018
O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo ven de publicar tress novas fichas de “Situacións de Traballo Perigosas” elaboradas polo grupo de traballo BINVAC.
 
SENTENZA
05/07/2018
A sentenza, ditada polo Xulgado do Social núm. 7 de Bilbao, conclúe o abandono empresarial na prevención, facilitando que o empregado puidese ser obxecto dun ataque coordinado e planificado á saída do centro de traballo, ademais de ser ameazado de morte polos individuos que lle agrediron.