Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
11/10/2018
Son moitos os elementos potencialmente carcinóxenos que actualmente podemos atoparnos nas contornas de traballo, que interveñen en distintos procesos produtivos ou incluso son consecuencia dos mesmos. Neste senso resulta preocupante que sexan moi numerosas as empresas e moi numerosos os/as traballadores/as, que non son conscientes desta situación. No marco da UE cada ano calcúlase que 120.000 traballadores/as vense afectados por un cancro de orixe laboral que remata costando ao redor de 80.000 vidas humanas, sendo a primeira causa de morte relacionada co traballo.
 
/logo oit
OIT
11/10/2018
Cada día morren 6.300 persoas por mor de accidentes ou enfermidades relacionadas co traballo: máis de 2,3 millóns de mortes por ano. Anualmente ocorren máis de 317 millóns de accidentes no traballo. O custo desta adversidade diaria é enorme e a carga económica das malas prácticas de seguridade e saúde estímase nun 4 por cento do Produto Interior Bruto global de cada ano.”
 
/Amianto sinal
ITSS
10/10/2018
A empresa coñecía en 2016 que uno dos seus empregados estaba diagnosticado de asbestose. A pesares diso, non tomou ningunha medida para protexer ao resto de traballadores ata 2018, pasados dous anos, cando a Inspección de Traballo enviou un requirimento que obrigaba á empresa a comezar a actuar. Só nese momento, Metro de Madrid rexistra ao traballador en CEPROSS, o rexistro de enfermidades profesionais.
 
/Sentenza
Sentenza
09/10/2018
O Tribunal Supremo considerou como accidente laboral o desprendemento de retina sufrido por unha empregada da Seguridade Social mentres traballaba diante do ordenador. O tribunal estimou o recurso para a unificación de doutrina presentado pola traballadora, que sentiu molestias nos ollos e alteracións visuais cando realizaba as súas funcións diante do ordenador na oficina.
 
AXENCIA EUROPEA DE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO
03/10/2018
Responsable de máis de 100.000 mortes cada ano, o cancro é a principal causa de mortalidade relacionada co traballo na UE. O 25 de maio de 2016, seis organizacións europeas asinaron un convenio polo que se comprometían a un plan de acción voluntaria para concienciar sobre os riscos derivados da exposición a axentes carcinóxenos no lugar de traballo e intercambiar boas prácticas: a Folla de ruta.
 
CONCILIACIÓN
01/10/2018
Segundo o informe Randstad Employer Brand Research 2018, no que se analizan os factores que farían que un profesional elixise unha ou outra empresa para desenvolver a súa carreira laboral, para o 55 % dos/as traballadores/as do Estado español, a conciliación é un factor determinante para elixir a empresa na que traballa.
 
SENTENZA
02/10/2018
O Xulgado do Social número 6 de Bilbao recoñeceu como accidente laboral un infarto cerebral sufrido por un traballador mentres se atopaba no lugar de traballo; a mutua negou dita condición alegando que o ictus se derivaba dunha enfermidade común. A sentenza falla a favor do demandante e recoñece o proceso de incapacidade temporal iniciado ao declarar o accidente vascular como unha continxencia profesional.